Nos seus 4.500 m2, o CIE A Granxa configúrase como un edifico moderno e funcional, cunha distribución pensada para satisfacer as necesidades de todo tipo de empresas.
Por un lado, o CIE A Granxa dispón de espazos de oficinas e por outro de naves industriais, todos de diferentes tamaños para se adaptar ás necesidades que poida ter unha empresa de recente creación.
O edificio conta ademais cunha ampla gama de recursos ofimáticos. Completan o equipamento unha serie de espazos como unha sala de reunións por planta, dúas aulas de formación, unha sala de recursos compartidos e un salón de actos para 80 persoas. Toda esta oferta está dispoñible tamén para as empresas externas que necesiten algún destes espazos.