
O CIE A Granxa conta cun departamento de asesoramento que facilita ás empresas toda a información útil relacionada coa súa actividade. Este servizo achega información sobre:
O CIE A Granxa, a través da plataforma de servizos de información empresarial do Consorcio da Zona Franca de Vigo Ardán, proporciónalles aos emprendedores informes destinados a establecer estratexias a curto e medio prazo.
E para o fomento da internacionalización, ponse a disposición das empresas Exportación Galega, unha ferramenta que facilita o acceso a mercados internacionais.